Posts Tagged ‘Malores Villanueva’

1   4 6   3

O Día das Letras Galegas 2014 está dedicado a Xosé María Díaz Castro, un dos grandes nomes da poesía galega, grazas ao seu poemario Nimbos.

O día 20 de maio de 2014 tivo lugar o acto central coa conferencia do investigador Armando Requeixo, presentado por Basilio Losada e Malores Villanueva. Na súa intervención, “Xosé María Díaz Castro: Nimbos de luz”, debullou a súa vida e obra como tradutor e como poeta, prestando especial atención ao poemario Nimbos. Tampouco esqueceu as súas incursións como poeta en revistas ou os últimos anos de vida en Galicia e a súa relación con membros da súa xeración.

8 912  11
Ao finalizar o acto un grupo de alumnos e de alumnas de galego leron poemas de Díaz Castro: Xavier Sierra, Jèssica Escandell, Carmen Díaz, Carlos Amieiro, Carmen Rodríguez, Gerardo Nicolau, Andreu Vaquè, Richard Morad e Xurxo López. Foi Xavier Sierra quen se encargou de facer a tradución do poemario ao catalán e de ler nesta lingua algúns poemas. Este ano a conferencia tivo lugar na Facultat de Filologia.

2                 13 15 16

Previamente, inaugurárase a exposición bibliográfica, coordinada por Malores Villanueva, “Díaz Castro e a poesía galega baixo o franquismo” que, nas vitrinas da Biblioteca de Lletres, mostraba boa parte da produción escrita do homenaxeado e tamén as obras que sairan con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Acompañando a súa produción estaba outros poemas da súa xeración que publicaron baixo o franquismo.

 

Bolaño3 Bolaño10 OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O Día das Letras Galegas 2013 está dedicado a Roberto Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego, pero que tivo algunhas facetas máis ás que nos intentamos achegar dende diferentes actividades programadas dende Estudis Gallecs i Portuguesos da Universitat de Barcelona.

O día 10 de maio de 2013 tivo lugar o acto central coa conferencia do investigador e editor das obras completas do homenaxeado, Xosé Manuel Fernández Castro, presentado por Helena González. Na súa intervención, “Roberto Vidal Bolaño á procura dunha poética teatral”, debullou a súa intensa actividade teatral como actor, como director e, fundamentalmente, como autor de pezas. Tampouco esqueceu as súas incursións no mundo do cinema ou da televisión. A continuación tomou a palabra Francisco Macías, editor e director de Edicións Positivas, selo que publicou as obras completas de Vidal Bolaño, para facer fincapé nalgunhas características da obra e da personalidade do homenaxeado. Este ano a conferencia tivo lugar na Librería La Central del Raval.

Bolaño12 Bolaño13 OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Previamente, inaugurárase a exposición bibliográfica, coordinada por Malores Villanueva, “Roberto Vidal Bolaño na escena teatral galega” que, nas vitrinas da Biblioteca de Lletres, mostra boa parte da produción escrita do homenaxeado e tamén unha pequena representación doutros textos que pertencen a autores e autoras galegas.

Feijoo (1) OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA  OLYMPUS DIGITAL CAMERA OLYMPUS DIGITAL CAMERA


O día 12 de decembro de 2012, o escritor revelación deste ano da narrativa galega, Pedro Feijoo (Vigo, 1975) visitou a Universitat de Barcelona para ofrecer ó noso alumnado unha interesante conferencia.
Baixo o título “O best seller como elemento normalizador dun sistema literario en crise” fixo un recorrido polo século XX e XXI da literatura galega falando dos éxitos de vendas e dos libros máis recoñecidos no sistema.
Pedro Feijoo é filólogo de formación, pero exerceu como músico, produtor ou compositor como membro dalgúns proxectos musicais galegos como Los Feliz e Lamatumbá.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA  P. Feijoo (4)

 

Como ensaísta publicou Cousas do «Galicia», por Castelao (1997) e Viva o Fu Remol! (2005), neste último fai un repaso pola historia da música pop en Galicia e permítenos adentrarnos tamén no mundo do rock and roll.
En 2011 publicou o relato “O segredo do viaduto” no libro XII Certame Literario de relatos curtos Os Viadutos e, nese mesmo ano, foi finalista do Premio Xerais pola súa primeira novela, Os fillos do mar (2012). Con esta novela esgotou a primeira edición nun mes e o seu nome comezou a resultar familiar entre os lectores ó ser o libro máis vendido en galego durante moitas semanas consecutivas. Na charla falou do seu proceso de creación, dos seus próximos proxectos e tamén do diálogo que el como escritor establece con outros autores do sistema literario galego.

 

O Día das Letras Galegas 2012 está dedicado a Valentín Paz Andrade, unha figura poliédrica á que nos intentamos achegar dende diferentes discursos nos actos programados dende Estudis Gallecs i Portuguesos da Universitat de Barcelona.

O día 10 de maio de 2012 tivo lugar o acto central coa conferencia do historiador Miguel Anxo Seixas, presentado por María Xesús Lama. Seixas na súa intervención, “Galicia labra a súa imaxe”, debullou a súa intensa vida política, empresarial e literaria. Ó remate da súa intervención o decano da Facultat de Filologia, Adolfo Sotelo, reflexionou sobre a traxectoria de Valentín Paz Andrade, ó que coñeceu persoalmente. Como colofón Andreu Vaquè, alumno de Estudis Gallecs i Portuguesos, Jeremy Buck Gili e Núria Vilella da Escola Oficial de Idiomas de Barcelona-Drassanes e Anxo Baranga leron poemas do homenaxeado.

   

Previamente, o luns, o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, inauguraran a exposición bibliográfica, coordinada por Malores Villanueva, “Valentín Paz Andrade. Activismo e resistencia” que, nas vitrinas da Biblioteca de Lletres, mostra boa parte da produción escrita do homenaxeado e tamén unha pequena representación da prensa galega do século XX, en moita da cal Valentín Paz Andrade colaborou como xornalista. Ó mesmo tempo pódese facer unha achega á súa vida e á súa obra na Galería do Pati de Lletres onde, a través de dez paneis, se recollen os aspectos máis importantes da vida do político, do ensaísta, do empresario, do amigo, do poeta, do home Valentín Paz Andrade. Entre as persoas que visitaron as exposicións cómpre destacar a presenza do seu único fillo, Afonso Paz Andrade.