Alejandro Alonso Nogueira (Brooklyn College, CUNY) é especialista na historia intelectual da segunda metade do século XIX e na literatura do modernismo. A súa investigación actual céntrase no rexionalismo e nacionalismo na literatura española. Actualmente está a traballar sobre a creación de institucións literarias na España do período Modernista e a súa publicación máis recente é un artigo sobre crónicas españolas da Gran Guerra, «Ricardo León, a la sombra de las águilas».

 

Mércores 7 de xuño de 2017 de 12.00 a 14.00h

Aula 204, Edifici B, Facultat de Filosofia i Lletres
Universitat Autònoma de Barcelona

Venres 9 de xuño de 2017 de 12.00 a 14.00h

Aula 1.3, Edifici Josep Carner, Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 – 08007 Barcelona

Alex_Nogueira

Actividades polas Letras Galegas 2017

Posted: 22/05/2017 by Estudis Gallecs i Portuguesos in Uncategorized

Carlos Casares

Narrador, ensaísta, articulista de prensa, editor e dinamizador cultural Carlos Casares Mouriño (Ourense, 1941-Vigo, 2002) é unha das figuras máis senlleiras e renovadoras da literatura galega das últimas décadas do século XX.

Alén do seu talento literario, Casares foi un intelectual de relevo extraordinario que destacou tamén pola súa implicación na vida cultural, social e intelectual e por unha laboriosidade incansable, ao tempo intelixente e reflexiva, e sempre cun compromiso inequívoco coa lingua galega.

Entre a súa extensa produción, cómpre destacar pola súa relevancia Vento Ferido (1967), Xoguetes para un tempo prohibido (1975), Ilustrísma (1980), O sol do verán (2002), entre outros.

Actividades:

 Proxección do documental: Contando a Casares e conversa co director do documental, Gonzalo E. Veloso
Aula 2.3, edifici Josep Carner – Universitat de Barcelona
C/ Aribau, 2n pis

 Exposición bibliográfica: Carlos Casares, coleccionista de historias
Edificio Histórico, Vitrinas da Biblioteca de Lletres – Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 – 08007 Barcelona

 Exposición no Pati de Lletres: Un percorrido pola traxectoria de Carlos Casares
Edificio Histórico, Pati de Lletres – Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 – 08007 Barcelona

GonzaloHermo2017Pondo o foco en fíos repertoriais compartidos, como a conciencia da perda da sociedade tradicional labrega ou o cuestionamento dos roles de xénero, a conferencia propón abordar liñas de continuidade e ruptura na poesía galega dos anos 90 a partir da lectura de textos emblemáticos desa década.
Gonzalo Hermo (Taragoña, Rianxo, 1987) é Doutor en Filoloxía Galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Tense ocupado da poesía galega contemporánea desde o ámbito da crítica en revistas e suplementos especializados como ‘Tempos novos’. É autor de dous libros de poesía, polo último dos cales, ‘Celebración’ (Apiario, 2014), recibiu o Premio da Crítica de Poesía Galega e o Premio Nacional de Literatura na modalidade de Poesía Nova.

10 de maio de 2017 ás 16.30 h

Aula 0.2, edifici Josep Carner

Universitat de Barcelona

c/ Aribau, planta baixa

Imatge  —  Posted: 15/05/2017 by Estudis Gallecs i Portuguesos in Uncategorized

Alma galega, a creación de BD desde a cultura propia

Posted: 15/05/2017 by Estudis Gallecs i Portuguesos in Uncategorized

Kiko da SilvaO historietista galego Kiko da Silva, reivindicará a necesidade de inspirarse na tradición e cultura propias co obxectivo de diferenciarse e enriquecer o panorama cultural global. O poder da BD e da cultura galega para xerar influencias máis alá das nosas fronteiras, e fomentar o coñecemento do folclore e lendas propias.

As historias non hai que ir a buscalas ás américas, a orixinalidade está no propio, no cotiá.

Kiko da Silva, historietista e director de O Garaxe Hermético, Escola Profesional de Banda Deseñada de Galicia.

Més informació: http://www.ub.edu/filgalport/

Divendres 31 de març de 2017 a les 12.00

Aula 1.3, Edifici Josep Carner, Universitat de Barcelona
Gran Via de les Corts Catalanes, 585 – 08007 Barcelona

A Saia, ou a necesidade de termos unha hemeroteca feminista galega

Posted: 24/02/2017 by Estudis Gallecs i Portuguesos in Uncategorized

 nsrdc-helenahelena

Literatura fantástica en Galicia

Posted: 09/12/2016 by Estudis Gallecs i Portuguesos in Uncategorized

Fernando M. Cimadevila (1977), escritor, editor e músico galego, forma parte activa desde 2011 do panorama literario galego como director literario de Contos Estraños, a primeira editora galega especializada en Fantasía, Terror e Ciencia-Ficción de autores galegos, incorporada como selo dentro de Urco Editora.

O labor de Cimadevila descata sobre todo en literatura infantil, coa colección As aventuras do Apalpador, e literatura fantástica con títulos como A batalla por Avalon de Fernando ou O mundo secreto de Basilius Hoffman.

Máis información

Xoves 15 de decembro de 2016 ás 18.30

Aula 104, Pati deLletres, Edifici Històric
Universitat de Barcelona
c/ Aribau 2 – 08007cimadevila-copia

Escoitando Manuel María, bardo da Terra Chá

Posted: 09/12/2016 by Estudis Gallecs i Portuguesos in Uncategorized

María Carreira estudou Filoloxía Galega na Universidade de Barcelona e dedica os seus estudos á literatura galega de postguerra, especialmente arredor da obra de Méndez Ferrín.

Ten publicados diversos artigos sobre as figuras femininas que xorden na súa narrativa breve, nas relacións co cinema e o xénero fantástico como “Análise das figuras femininas en ‘Mantis Relixiosa’ de Méndez Ferrín” ou “Referencias a ‘Metrópolis’ de Friz Lang nos relatos de Méndez Ferrín”.

Ademais, estudou outras figuras do período de postguerra como o poeta Manuel María.

Máis información

Luns 12 de decembro de 2016 ás 15.30

Aula 201, Facultat de Filosofia i Lletres, edifici B
Universitat Autònoma de Barcelonamanuelmaria