Posts Tagged ‘Andreu Vaquè’

1   4 6   3

O Día das Letras Galegas 2014 está dedicado a Xosé María Díaz Castro, un dos grandes nomes da poesía galega, grazas ao seu poemario Nimbos.

O día 20 de maio de 2014 tivo lugar o acto central coa conferencia do investigador Armando Requeixo, presentado por Basilio Losada e Malores Villanueva. Na súa intervención, “Xosé María Díaz Castro: Nimbos de luz”, debullou a súa vida e obra como tradutor e como poeta, prestando especial atención ao poemario Nimbos. Tampouco esqueceu as súas incursións como poeta en revistas ou os últimos anos de vida en Galicia e a súa relación con membros da súa xeración.

8 912  11
Ao finalizar o acto un grupo de alumnos e de alumnas de galego leron poemas de Díaz Castro: Xavier Sierra, Jèssica Escandell, Carmen Díaz, Carlos Amieiro, Carmen Rodríguez, Gerardo Nicolau, Andreu Vaquè, Richard Morad e Xurxo López. Foi Xavier Sierra quen se encargou de facer a tradución do poemario ao catalán e de ler nesta lingua algúns poemas. Este ano a conferencia tivo lugar na Facultat de Filologia.

2                 13 15 16

Previamente, inaugurárase a exposición bibliográfica, coordinada por Malores Villanueva, “Díaz Castro e a poesía galega baixo o franquismo” que, nas vitrinas da Biblioteca de Lletres, mostraba boa parte da produción escrita do homenaxeado e tamén as obras que sairan con motivo da celebración do Día das Letras Galegas. Acompañando a súa produción estaba outros poemas da súa xeración que publicaron baixo o franquismo.

 

 

O Día das Letras Galegas 2012 está dedicado a Valentín Paz Andrade, unha figura poliédrica á que nos intentamos achegar dende diferentes discursos nos actos programados dende Estudis Gallecs i Portuguesos da Universitat de Barcelona.

O día 10 de maio de 2012 tivo lugar o acto central coa conferencia do historiador Miguel Anxo Seixas, presentado por María Xesús Lama. Seixas na súa intervención, “Galicia labra a súa imaxe”, debullou a súa intensa vida política, empresarial e literaria. Ó remate da súa intervención o decano da Facultat de Filologia, Adolfo Sotelo, reflexionou sobre a traxectoria de Valentín Paz Andrade, ó que coñeceu persoalmente. Como colofón Andreu Vaquè, alumno de Estudis Gallecs i Portuguesos, Jeremy Buck Gili e Núria Vilella da Escola Oficial de Idiomas de Barcelona-Drassanes e Anxo Baranga leron poemas do homenaxeado.

   

Previamente, o luns, o Conselleiro de Educación, Xesús Vázquez, e o Secretario Xeral de Política Lingüística, Valentín García, inauguraran a exposición bibliográfica, coordinada por Malores Villanueva, “Valentín Paz Andrade. Activismo e resistencia” que, nas vitrinas da Biblioteca de Lletres, mostra boa parte da produción escrita do homenaxeado e tamén unha pequena representación da prensa galega do século XX, en moita da cal Valentín Paz Andrade colaborou como xornalista. Ó mesmo tempo pódese facer unha achega á súa vida e á súa obra na Galería do Pati de Lletres onde, a través de dez paneis, se recollen os aspectos máis importantes da vida do político, do ensaísta, do empresario, do amigo, do poeta, do home Valentín Paz Andrade. Entre as persoas que visitaron as exposicións cómpre destacar a presenza do seu único fillo, Afonso Paz Andrade.